O que é o CELGA?

O Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas - CELGA é unha institución cultural que ten como obxectivos incentivar, promover e realizar accións tendentes a estimula-lo intercambio cultural entre Bahía e a Galicia, e organizar cursos e seminarios de lingua, literatura e cultura galegas.
Creado mediante convenio asinado o 30 de marzo de 1995 entre a Consellería de Educación e a Universidade Federal da Bahia - UFBA, está vinculado ao Instituto de Letras desa Universidade. Dende o primeiro momento, o Centro organizou cursos de lingua e cultura galegas, coa participación de profesores galegos,. A partir de 1997, pasou a contar cun lectorado de lingua galega.
Desde súa fundación congrega no seu Consello representantes dos Departamentos de Letras Románicas, de Letras Vernáculas, de Fundamentos para o Estudo das Letras, estes do Instituto de Letras e do Departamento de Antropoloxía, da Faculdade de Filosofia e Ciências Humanas, así como da Biblioteca Central.
Tódolos anos, o CELGA selecciona dous bolseiros para o Curso de Verán da Lingua e Cultura Galega para Estranxeiros organizados no mes de xullo pola Universidade de Santiago de Compostela, Galicia, España e pode concorrer a unha das 12 bolsas ofrecidas para tódolo mundo pelo Centro Ramón Piñeiro para Investigación en Humanidades, com duración de dous a oito meses.

 
linha.gif (852 bytes)
CELGA - Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas

Biblioteca Central UFBA - Rua Barão de Geremoabo, s/n - Campus Ondina
CEP 40170-290 - Salvador (BA) BRASIL - e-mail:
celga@ufba.br
Fone: + 55 (0)71 2636257 - Fax: + 55 (0)71 2636208